Serviu para algo o G-7?

Por máis que Macron, como anfitreon do evento, e tendo que xustificar un gasto excesivo, utilizase toda a súa artillería, os resultados deste encontro amosan non serviu para ren que se poda presentar como un avance. O único destacábel foi que os auto-convocados aparecesen en todos os medios do mundo como os gobernantes dos sete países máis poderosos e ricos. Porén non certo, xa que faltaban potencias tan importantes como China, Rusia e a India. E na riqueza por persoa, Qatar e Noruega están por diante de todos eles. 

A única decisión concreta da que se informou foi adicar 20 millóns de dólares para axudar á loita contra o lume no Amazonas. Tratase dunha suma tan ridícula que Bolsonaro xa rexeitou, e ademais sírvelle de escusa para deixar en mal lugar aos “ gobernantes ecoloxistas” do G-7 que criticaron súa pasividade cos incendios. Máxime cando invisten moitísimo máis na seguridade e propaganda dun cumio sen de obxectivos económicos, sociais e estratéxicos que se podan divulgar, ou sexa, que aporten algunha solución aos graves problemas da humanidade. 

Deste encontro a noticia máis difundida é que Trump non estivo tan insultante como de costume (non lle facía falla, non se ian tomar resolucións), que Rusia non se podería incorporar á seguinte xuntanza do G-7, que durante o encontro Macron reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Iran, e que se falou do desafío ecolóxico nos mares. O outro aspecto que destacou do evento foi o despregue desproporcionado de todo tipo de forzas de seguridade, seica uns vinte mil, dun cento de persoas detidas por protestar máis alá do consentido, e as 15 mil persoas que se mobilizaron pacificamente contra o cumio para denunciar os males e inxustizas, que os manda máis do mundo alentan e protexen. 

Aínda que esta é a versión que aparece nos medios, con seguridade tratáronse máis cuestións no encontro, que permitirían quitar ferro a algunhas diferencias, outras seguirían abertas ou medrarían as fendas, como parte das complicidades e diverxencias nesta alianza imperialista, coa hexemonía de Washington. 

Despois de todo, ficamos en plena guerra económica, dixital, e con intervencións militares en cada vez máis lugares. Daquela que os acordos tácticos non se farán públicos, non son presentábeis, coñecerémolos polos acontecementos nos vindeiros meses. No evento tamén estiveron países convidados na segunda fila, para escenificar o poder dos protagonistas e recibir consellos. Como non vai estar a xente cada vez máis afastada da política sistémica! 

Serviu para algo o G-7?

Te puede interesar