Caña a la vía

Crónica resumida dos anos da transición democrática: 1975.- Morre Franco na cama, despois de case corenta anos de ditadura. Carlos Arias Navarro (1908-1989), presidente do goberno. Extrema dereita. 1976-1981.- Adolfo Suárez González (1932-2014) o artífice da transición, paradoxalmente un home do Movemento. Presidente do goberno ata 1981 no que presentou a dimisión. Fundador da UCD. 1981-1982.- Leopoldo Calvo Sotelo (1926-2008), nomeado presidente do goberno despois da vergoña nacional que foi o 23-F. Todo a Estribor.1982-1996.- Felipe González Marquez (1942), maioría absoluta. “A España no la va a conocer ni la madre que la parió”, Alfonso Guerra dixit. Todo a Babor. 1996-2004.- José Mª Aznar López (1953) presidente despois do famoso “Vaiase Sr González”. Maioría absoluta na súa segunda lexislatura. Todo a Estribor. 2004-2011.- Jose Luis Rodríguez Zapatero (1960), despois do 11 M. Maioría absoluta. O presidente máis denigrado da Democracia. Todo a Babor. 2011-2015.- Mariano Rajoy Brey (1955), maioría absoluta. Crise mundial. Todo a Estribor. 2016.- Despois das eleccións xerais de decembro 2015, desgoberno total, un Totus Revolutum que está arruinando o país. Como vedes neste pequeno resumen, non fixemos máis que dar bandazos, ou todo a babor ou todo a estribor, durante todos estes anos. Estes cambios de rumbo non son nada bos para o desenrolo do país. É como a tela de Penélope, o que uns fan, desfano os outros cando lles toca. Un barco, neste caso a nave do Estado, non pode navegar deste xeito. Aínda así non cabe dúbida que o país mellorou moito dende aqueles tristes e cutres anos da ditadura. Estamos nunha situación de bloqueo no que todo o acadado con gran esforzo pode perderse se nos deixamos levar polos cantos de serea duns iluminados que prometen cun novo viraxe, todo a babor, un paraíso que so está na súa imaxinación. Non vos parece que xa vai sendo hora de fixar o rumbo poñendo “caña a la vía”, para que o barco navegue cun rumbo fixo, proa ao vento e ás dificultades dun mundo cada vez máis complicado? Ao meu xuízo o xeito de conseguilo é por medio dun equilibrio de forzas dos dous partidos máis sobranceiros que, queiran ou non queiran, están condenados a entenderse. Aproveiten as cousas que os unen, que son moitas, limen asperezas que tamén as teñen e coa vista posta nos grandes problemas do país.

Caña a la vía

Te puede interesar