Os cines Odeón e Dúplex participan nunha nova Festa do Cine

Produtores, distribuidores, federación de cines e o Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais uníronse de novo para facer unha Festa do Cine, unha inicitiva que devolveu as colas ás salas no outono do ano pasado. Dado ó exito que tivo a proposta e á boa resposta dos Mércores de Cine, que supoñen tamén importantes descontos respecto do prezo da entrada habitual, volven promover ofertas para os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Nesas datas poderase acceder ás principais pantallas do país por 2,90 euros. Nelas inclúense Odeón (en Narón) e Dúplex (en Ferrol).
Para conseguir este bono de desconto é preciso acceder á páxina web www.fiestadelcine.com e alí inscribirse e conseguir a acreditación pertinente. Os que xa o fixeran na primeira edición non terán que volver cumplimentar este trámite, xa que a organización enviaralles o documento directamente ó seu correo electrónico.
En total participan 336 cines de toda España, máis do 95% da cota de mercado. n

Os cines Odeón e Dúplex participan nunha nova Festa do Cine

Te puede interesar