San Sadurniño desde a ollada do Chanfaina

San Sadurniño desde a ollada do Chanfaina
Casa da Cultura de San Sadurniño Estreno de los cortos del Chanfaina Lab

A Casa da Cultura de San Sadurniño converteuse onte nunha auténtica sala de cine para gozar das trinta pezas creadas polos participantes da última edición do Chanfaina Lab.

Todas as curtas están rodadas, como manda o encontro audiovisual, no propio municipio, achegando ao público olladas propias sobre o territorio desde a óptica da historia, a ficción, o documental, o humor ou a etnografía, entre outras. Desta volta, o actor Miguel de Lira foi o encargado de conducir unha sesión estruturada en tres partes tentando seguir un fío temático coa intención de facilitar así a incorporación dos asistentes a peza ou pezas elixidas.

Os creadores das curtas recibiron así mesmo a “Lola Chanfaineira” coa que a organización quere agradecerlles a súa implicación nun proxecto xa moi consolidado no panorama audiovisual galego.

Trala estrea de onte, as curtametraxes irán subíndose de venres en venres á canle de youtube de “Fálame de San Sadurniño” e moitas delas acudirán tamén a certames audiovisuais.

San Sadurniño desde a ollada do Chanfaina

Te puede interesar