Os Reis Magos pasaron por Cabanas e Cerdido antes de regresar a Oriente

Os Reis Magos pasaron  por Cabanas e Cerdido  antes de regresar a Oriente
Baltasar, Melchor e Gaspar durante a entrega de agasallos aos pequenos en Cabanas daniel alexandre

Antes de marchar de regreso a Oriente, os Reis Magos decidiron recuncar un día máis pola comarca de Ferrolterra. Así, no Concello de Cabanas tomáronlle gusto a visitar aos veciños. Se o domingo fixeron a súa habitual cabalgata polas terras do municipio, na mañá de onte a casa consistorial acolleu un acto no que Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron aos veciños máis pequenos cunha entrega de agasallos para os ilusionados rapaces.
Os Reis Magos tamén tiveron tempo de pasar por Cerdido onde levaron a cabo unha intensa xornada. Así, pola mañá visitaron a feira da Barqueira cunha ampla cabalgata na que se representaban os labores típicos da zona rural. A música correu a cargo da asociación cultural Airiños dos Carrís. Xa pola tarde, o pavillón polideportivo acolleu unha festa infantil á que  asistiron os Reis Magos antes de despedirse definitivamente.

En mañón
A programación cultural de Nadal en Mañón remata o próximo domingo no centro social de Ribeiras do Sor co espectáculo “Contos das estacións”, ás cinco do serán. n

Os Reis Magos pasaron por Cabanas e Cerdido antes de regresar a Oriente

Te puede interesar