Preocupación en Moeche polo estado nas bancadas do campo de fútbol

Preocupación en Moeche polo estado nas bancadas do campo de fútbol
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-aae2624e

O Concello de Moeche acaba de trasladarlle á Xunta de Galicia a súa preocupación pola situación actual das bancadas do campo de fútbol municipal, que permanece clausurada por razóns de seseguridade desde hai varios meses. Estas deficiencias levaron ao Concello a tomar esta medida a principios de ano, ao tempo que se comezou a buscar a colaboración económica doutras adminitracións para poñerlles remedio.
De feito a alcaldesa Beatriz Bascoy e o concelleiro Miguel Pedriera reuníronse hai escasos días coa secretaria xeral para do Deporte, Marta Míguez, para recabar o apoio da institución autonómica na reparación desta instalación, estimada nunha cantidade próxima aos 120.00 euros.
Os desperfectos na construción veñen de vello. Xa en 1994 se lle enviou un escrito á Xunta de Galicia poñendo de manifesto o mal estado da estrutura que, máis de dúas décadas despois, acusa a falla de mantemento durante anos, os efectos do clima e, presumiblemente, unha mala calidade dos elementos prefabricados que soportan a cuberta e a zona de asentos. Así, pois, a situación actual pasa pola presenza de cavillas enferruxadas, anacos grandes e pequenos de formigón que se desprenderon, incluso no teito dos vestiarios situados na parte baixa, foron sinais de alarma suficientes para que o Concello emprendese hai uns meses a impermeabilización do espazo destinado a deportistas e, en paralelo, para que encargase un estudo técnico sobre o estado de conservación das instalacións.
O veredicto do informe elaborado por arquitectos especializados e as recomendacións formuladas por persoal técnico da Deputación da Coruña foron tallantes e recomendaron “clausurar inmediatamente as bancadas polo perigo que supoñen”, indican desde o goberno local.
Ante esta situación, o Concello solicitou unha xuntanza coa Secretaría Xeral para o Deporte. Ese encontro con  Marta Míguez produciuse o venres pasado. Se ben non rexeitou apoiar a obra, a responsable autonómica teríalle adiantado ao goberno local que a restauración do equipamento “tería un custo moi elevado en relación co número de usuarios e usuarias da instalación”, tal e como resumiu Beatriz Bascoy á saída da reunión. Así as cousas, desde a Xunta aconsellan “estudar outras solucións que signifiquen un desembolso menor”. Así as cousas Bascoy asegura que o Concello encargará “o antes posible un anteproxecto que ofreza a mellor solución técnica eu que, recolla unha aproximación precisa aos custes totais da obra”.

Preocupación en Moeche polo estado nas bancadas do campo de fútbol

Te puede interesar