A ONCE recoñece o labor dos seus traballadores na festa da súa patroa

A ONCE recoñece o labor dos seus traballadores na festa da súa patroa
Acto de celebración de la patrona de la Once, santa lucía misa en la iglesia de san pedro

Os afiliados, traballadores e pensionistas da ONCE de Ferrol e a súa área de influencia celebraron onte, os actos para conmemorar o día da súa patroa , Santa Lucía. A misa e comida de confraternidade e todos os actos estiveron encabezados polo  director na cidade, Ramón García Acosta.

A ONCE celebrou este Santa  Lucia reivindicando e lembrando que leva 81 anos de traballo diario gritando “iguais” nos recunchos e prazas de todo o territorio, un concepto que nace da similitude dos cupóns que vende a Organización e que se converteu en lema habitual dos vendedores, pero que vai máis aló.

Ás 13.00 horas celebrouse  unha misa en honra de Santa Lucía na Igrexa parroquial de San Pedro. Ás 14.30 horas tivo lugar un xantar de confraternidade nos salóns do restaurante “Pazo  do Monte”, no lugar de San Pedro de Leixa, que finalizou cunha sesión de baile.  Durante as sobremesas realizouse unha homenaxe ao vendedor en roteiro por Serantes-Valón-Doniños,  José Manuel  Vargara Rodríguez, que foi elixido mellor vendedor do ano. Tamén recibiu unha  medalla e diploma a  auxiliar administrativa María Asunción García Cao, que este ano cumpriu 35 de traballo na Organización.

A ONCE recoñece o labor dos seus traballadores na festa da súa patroa

Te puede interesar