Un dos lugares da comarca que nestas datas recibirá tamén a visita de moitos turistas é o Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Como todos os anos, e coa finalidade de facilitar o acceso ao mesmo, a Deputación da Coruña ofrece un ano máis un servizo gratuíto de guías e transporte en autobús totalmente gratuíto e que se manterá durante todos os días ata o vindeiro luns 21 de abril.
Os horarios son os seguintes: entre as 10.30 e as 14 horas polas mañás; e entre as 15.30 e as 20 horas pola tarde. Deste xeito, a primeira saída desde o Centro de Interpretación das Fragas será ás 10.30 horas e as seguintes cada hora.
A última será ás 12.30 horas polas mañás e ás 18.30 horas polas tardes. Ademais, haberá un último traxecto sen viaxeiros para recoller ás persoas que se subirán na última viaxe de regreso. A primeira saída desde a ponte de Caaveiro cara ao Centro de Interpretación é as once da mañá e a partir de aí sucederanse cada hora. A última terá lugar ás 19.30 horas.
En cada viaxe efectuaranse cinco paradas: parque natural, merendeiro, ponte primeira, ponte segunda e acceso ao cenobio.