Comedia teatral e música con Sondeseu na programación da fin de semana do Pazo

Comedia teatral e música con Sondeseu na programación da fin de semana do Pazo
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-e6fda309

A programación cultural programada polo Padroado de Cultura de Narón para esta fin de semana comezará o sábado coa comedia teatral “Nacidas libres”. Contraproduccións leva ao escenario naronés esta peza dirixida por Cristina Domínguez e con texto de Cándido Pazó.
Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño interpretarán a unha ducia de personaxes dos máis variados e en situacións tamén moi diferentes. Trátase, segundo avanzan, dun espectáculo para “pensar e desfrutar, emocionarse e divertirse”.
A obra pon sobre as táboas a catro actrices fartas de non recibir ofertasde emprego que deciden autoempregarse e montar unha peza, encomendándolle o texto a unha xove escritora que vive emigrada partindo dunha noticia nos xornais na que se dá conta do rescate por parte da polícia de tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago. Con esta inspiración irán argallando o espectáculo.
As entradas custan 9.50 euros para o público en xeral e 6.65 para na tarifa reducida.
Domingo
O teatro abrirá paso o domingo á música, co concerto que ás 19.00 horas ofrecerá a orquestra folk Sondeseu, que presentarán o seu quinto disco “Beiralúa”. Este novo proxecto convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical. O disco recolle, entre moitas outras obras creadas para a formación, unha particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, chamada “San Martiño”.
O concerto do domingo no Pazo da Cultura de Narón contará coa colaboración especial do recoñecido gaiteiro español nado en Asturias Xuacu Amieva. Mestre de gaiteiros, distínguese pola labor de recuperación do patrimonio cultural e musical asturiano, fundando un gran número de bandas e grupos folclóricos. En 1995 colaborou cos irlandeses The Chieftains no seu disco Santiago tocando o tema “El besu”. Este traballo obtivo un premio Grammy en 1997. As entradas custan 9,50 euros e 6,65 na tarifa reducida. l

Comedia teatral e música con Sondeseu na programación da fin de semana do Pazo

Te puede interesar