O Terzo do Norte de Infantería de Marina –con base no Cuartel de Dores de Ferrol– vén de chegar ao ecuador da operación “Centinela Gallego 2013” de prevención de incendios forestais na comunidade autónoma. Esta campaña principiou o 15 de xullo y rematará o vindeiro 15 de se-tembro.
Ao longo deste primeiro mes de operación, os infantes de Marina percorreron durante as 24 horas do día toda a serra do Barbanza e a ribeira norte de Muros, abranguendo máis de 600 quilómetros cadrados pertencentes a nove municipios da provincia da Coruña. Esta unidade da Armada mantivo en todo momento cinco patrullas de vixilancia que se foron relevando cada semana.
disuasión
A misión das patrullas é principalmente manter unha presenza disuasoria, vixiar as zonas asignadas e proporcionar información temperá aos servizos de extinción de incendios. Até o día de hoxe, téñense notificado dúas queimas (superficie rasa queimada superior a unha hectárea, sen afectar a arborado), seis incendios (o que afecta a unha superficie de arborado superior a media hectárea) e tres conatos de incendio (superficie de arborado queimado inferior a media hectárea).
Ao remate do operativo terán participado 12 vehículos que percorrerán 10.000 quilómetros cada un.