Xestoso rende tributo un ano máis ao seu afamado grelo na feira que se realizará mañá

As excelentes e recoñecidas cualidades do grelo cultivado no Val de Xestoso, parroquia do Concello de Monfero, serán salientadas un ano máis no decurso da XX Feira prevista para mañá, domingo, no campo da festa do Canedo, nun pavillón ben acondicionado para a ocasión, tal e como detallan desde a organización.

A actividade dará comezo ás dez da mañá coa benvida aos asistentes co disparo de bombas de palenque así como coa exposición de maquinaria agrícola e diversos tipos de artesáns. 

Exposición
Media hora máis tarde dará comezo a exposición e venda de grelos e outros produtos do campo, así como a actuación de grupos folclóricos da zona.

Ás doce será a quenda para o concurso no que serán elixidas as mellores madas de grelos así como a cesta máis adornada, continuando a cita ás 13.00 horas co lectura do pregón, do que se encargará a reporteira da TVG Iria Soengas. Abrirase así paso ao tradicional xantar, a base dos afamados grelos acompañados de lacón, chourico, orella, costela e patacas, ademais de viño e postre. O precio do menú é de 12 euros. A festa e a animación continuará pola tarde nesta parroquia monferina coa sesión de baile prevista a partir das catro.

Esta feira de exaltación do saboroso produto gastronómico reúne cada ano a centos de persoas.

Xestoso rende tributo un ano máis ao seu afamado grelo na feira que se realizará mañá

Te puede interesar