A vicepresidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro; e o secretario e o vicepresidente da Asociación de Veciños San Mateo de Trasancos, José Manuel García e José Antonio Fernández, respectivamente, deron onte a coñecer os actos programados con motivo da vixésima edición do Samaín, que terán lugar nas xornadas do vindeiro domingo 30 e luns 31 no Centro Cívico Social da devandita parroquia naronesa.
O primeiro día, a actividade comezará ás 17.00 horas cos obradoiros de cabazas e maquillaxe. Na carpa instalada na zona estarán ademais expostas as cabazas decoradas por alumnado de centros da localidade, implicándose este ano na actividade uns 700 rapaces.
Ao día seguinte, o luns, haberá de novo talleres entre as cinco e as sete da tarde, cunha merenda incluída para os nenos que participen. Haberá tamén unha sesión de contos do Samaín, a partir das 19.25 horas, a cargo de Celso Sanmartín no centro cívico.
Desde as 20.00 horas, unha “Comitiva de Luces e Tebras” recreará as manifestacións da mitoloxía galega popular en torno ao mundo dos mortos e a partir das 20.45 dará comezo o “obradoiro do medo”, na antiga escola, donde se habilitará un labirinto para vivir experiencias tenebrosas. Os asistentes poderán degustar unha cunca de caldo e liscos. A xornada estará amenizada polo grupo de gaitas do Padroado. n