Festas | De romaría en Fene e Cabanas con moita música e xantares populares

Festas | De romaría en Fene e Cabanas con moita música e xantares populares
O municipio de Fene recuperou onte, logo de 23 anos se celebrarse, a romaría de Santa Ana | daniel alexandre

Citas gastronómicas, festivais musicais, sesións vermús, verbenas... e tamén romarías. A apretada axenda festiva estival da comarca incluíu onte, entre outras moitas citas, dúas festas populares arredor de sendos lugares santos, Santa Ana en Fene e Santa Marta en Cabanas.
A primeira foi recuperada así logo de 23 anos sen celebrarse. O Concello de Fene e o tecido asociativo do municipio uniron forzas para retomar unha romaría cuxo programa deu comezo arredor das once nas inmediacións do consistorio, punto de encontro das persoas que decidiron, como era tradición, desprazarse camiñando ata a capela.
Unha vez no lugar, e para repoñer forzas, serviuse un refrixerio e callos. Trala celebración da misa e procesión chegou a sesión vermú, un perfecto aperitivo para  o xantar popular a base de churrasco e mexilóns.
A música converteuse ademais nun excelente aderezo da xornada coa actuación do grupo de música folk Boj. Os máis pequenos puideron gozar dos inchables situados na zona.
A romaría, incluída no programa municipal Vén a Fene, contou coa colaboración activa de entidades como Os Tadetas, AVV Fene, CMIU Fene, AVV de Magalofes –que preparou o churrasco– e a Asociación de Amas de Casa.
Cabanas
No municipio de0 Cabanas, pola súa banda, púxose onte fin ao intenso programa de actividades co que ao longo de toda a semana celebrouse a tradicional Romaría de Santa Marta. 
A xornada comezou coa celebración do tradicional cross popular, que reuniu a centos de corredores de todas as idades, para continuar coa música de Airiños do Frade e unha misa.
Outro dos momentos máis concorridos do día tiña lugar ao mediodía na zona do piñeiral, escenario do xantar popular no que se puido degustar, entre outras cousas, empanada e churrasco.
A actuación da formación Gallaecia Small Band e a do grupo de baile tradicional Airiños do Frade de Cabanas pecharon os actos musicais dun programa que concluíu coa disputa das finais do torneo de 3x3 de baloncesto.

Festas | De romaría en Fene e Cabanas con moita música e xantares populares

Te puede interesar