Unha ollada ao deseño galego e sustentable

Unha ollada ao deseño galego e sustentable
Centro cultural Torente Balleste Inaguració Exposición Arte,Artesanía e Sustentabilidade en Galicia do Século XXI

Grandes montaxes e orixinais instalacións, todas a base de materiais ecolóxicos, dan vida desde onte no centro cultural Torrente Ballester –onde estará ata o 27 de marzo– a exposición “Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI”. Unha proposta que lonxe da pretensión de abarcar a totalidade do que na actualidade ofrece o sector galego, si permite achegar unha mostra da realidade do novo deseño en eidos como o industrial, o editorial, a moda, a tipografía ou o deseño do produto –xoiería artesanal, mobiliario ou cerámica tradicional, entre outros–.
O emprego de prácticas sustentables convértense ademais no elemento común dos traballos dos 23 creadores que toman parte na iniciativa producida por Dardo e comisionada por Mónica Maneiro. Artistas entre os que se inclúe, por exemplo, a recoñecida aresana Sara Coleman –que ofrece unha imponente instalación experimental de textil; Arturo Fernández; ou as premiadas Idoia Cuesta (Premio Nacional de Artesanía 2014) oue Marta Armada (Premio de Artesanía de Galicia). A exposición foi inaugurada onte no Torrente Ballester logo da celebración, no mesmo lugar, dunha mesa redonda con axentes do sector.

Unha ollada ao deseño galego e sustentable

Te puede interesar