Catabois volverá tremer no Samaín co seu “Quilómetro do terror”

Catabois volverá tremer no Samaín co seu “Quilómetro do terror”
Diario de Ferrol-2013-10-20-011-d24bbf0a

O Samaín de Catabois volverá ser de medo. Os comerciantes, empresarios e hostaleiros do barrio, agrupados na asociación ECHO, organizan para o xoves 31 de outubro unha morea de actividades que terán o seu momento álxido co pasarrúas “Volta das ánimas”, que percorrerá o chamado “Quilómetro do terror”, entre a glorieta do Marcide e Canido. Repartiranse numerosos premios, a maioría deles en “cataleuros”, unha moeda que circula entre os locais hosteleiros esta noite e que equivale a un euro.
Os organizadores promoven un concurso de caracterización, outro de escaparates en comercios e ambientación nos locais de hostalería, un de cabazas, outro de colares de castañas e tamén un que coresponde á decoración das vivendas particulares. Como axuda, desenvolverán na rúa obradoiros para confeccionar as cabazas (nas mesas de recollida, no bar Félix, no Froiz e no Ipanema) e tamén para maquillarse. O xurado estará composto polo xornalista Pepe Varela, o profesor e crítico José Antonio Ponte Far e o articulista José Luis Patiño. Os premios, segundo o concurso, oscilarán entre os 80 cataeuros (colectivo ós grupos mellor caracterizado) e os 20.
Capítulo aparte merece o pa-sarrúas, no que tamén se premiarán as carrozas participantes, con entre 250 e 100 cataleuros. O desfile comezará ás oito da tarde e estará acompañado pola batucada Os Fenómenos, de Pontedeume, e a charanga Os Amarguros. Coas carrozas irán os cidadáns disfrazados para a ocasión e multitude de personaxes peculiares que animarán o percorrido.
Para participar en tódolos concursos é preciso inscribirse con anterioridade, en La Tienda de Anuska.
Os premios entregaranse ás dez da noite, nun palco situado na rúa Batalla de Brión onde, media hora despois, dará comezo o concerto do grupo ferrolán Padel Rock. Da animación na rúa encargaranse Os Xotas.

degustación
Non faltará no Samaín a degustación de tapas especiais, acordes en nome e aspecto coa temática da festa (pero igualmente saborosas). Un total de 18 establecementos de hostalería colaborarán para que a celebración sexa un éxito, como xa o foi nas edicións anteriores. n

Catabois volverá tremer no Samaín co seu “Quilómetro do terror”

Te puede interesar