O municipio de Neda desenvolverá este ano ata un total de vinte convocatorias culturais diferentes da man da Rede Cultural da Deputación da Coruña, que achegará un total de 27.667 euros para a celebración de diferentes propostas culturais dirixidas a todo tipo de público.
A esta cantidade engádense outros 19.673 achegados polo propio Concello, o que sitúa en preto de 48.000 os destinados a actividades que teñen que ver con áreas culturais coa música, o teatro ou o cine.
No capítulo musical están previstas, tal e como se adiantou desde o Concello nedés, as actuacións de grupos tan recoñecidos como Treixadura na tradicional Festa do Pan, A Banda de Balbina no Festival do Belelle e Fanfarria Taquikardia na Noite de Bolos, entre outras citas.
Teatro
No que ten que ver co teatro, polo escenario da Casa da Cultura pasarán compañías como Chévere, Culturactiva e Redrum, entre as oito que visitarán o municipio ao longo de todo o ano.
O cine estará tamén moi presente dentro da programación cultural coa proxección de películas tan coñecidas como “La La Land. La ciudad de las estrellas”, que se poderá ver o día 4 de xullo no espacio ao aire libre do paseo marítimo de Xuvia.
Actuacións como as dos magos Dani e Teto e charlas de homenaxe a María Victoria Moreno, á que se lle dedica o Día das Letras Galegas, son outras das propostas incluídas nunha longa lista de citas cuturais que formarán parte da completa axenda cultural do municipio para este 2018.