O grupo eumés Trebellos levou onte a música e maxia ao Festival Treme a Terra

Un momento do espectáculo celebrado onte en Pontedeume | daniel alexandre
|

A décimo oitava edición do Festival Treme a Terra, organizado polo Colectivo Terra de Pontedeume e que abriu o telón o pasado día 9, continuou onte na Casa da Cultura da vila cunha actividade dedicada neste caso ao público familiar, co minifestival de música e maxia desenvolvido polo grupo Trebellos.
A última das propostas do programa deste ano, coa loita antifranquista como eixo central, será o día 31, cunha ofrenda floral ao guerrilleiro nado en Pontedeume Francisco Martínez Leira “Pancho”. Será ás 12.00 no cemiterio de Meá (Mugardos).

O grupo eumés Trebellos levou onte a música e maxia ao Festival Treme a Terra