Premio na Gala do Libro Galego para o cedeirés Carlos Labraña

Premio na Gala do Libro Galego para o cedeirés Carlos Labraña
Carlos Labraña, nunha imaxe de arquivo

O dramaturgo natural de Cedeira Carlos Labraña, un dos máis premiados da literatura dramática infantil galega, vén de sumar un novo recoñecemento ao converterse no gañador na categoría de teatro da II Gala do Libro Galego coa súa obra “Moito Morro Corporation. Sociedade Limitada” (Editorial Galaxia”. O xurado salientou o feito de ser capaces de introducir nunha obra unha cuestión de actualidade. “É un libro orientado a un público que non soe consumir este xénero, polo que se valora a necesidade de darlle valor ao teatro infantil”, sinalou. Saliéntase así mesmo o labor do autor como escritor teatral.


A Gala, que tivo lugar o sábado no Teatro Principal do Concello de Santiago de Compostela, pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.
As distincións –houbo un total de once categorías–, foron determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, da Asocación Galega de Editoras e da Federación de Librarías de Galicia.
Afastado de Cedeira por motivos laborais, recentemente fundou a compañía de teatro Os Furabolos.

Premio na Gala do Libro Galego para o cedeirés Carlos Labraña

Te puede interesar