Antonio Fraga presentou en Pontedeume o Premio Merlín de Edicións Xerais

Antonio Fraga presentou  en Pontedeume o Premio Merlín de Edicións Xerais

“Quería amosar como un personaxe en apariencia feble é capaz de superar as súas eivas e lograr un alto grao de felicidade”. Con esta premisa o eumés Antonio Fraga acadou o prestixioso Premio Merlín, o galardón de literatura infantil e xuvenil que organiza Edicións Xerais, con “O castañeiro de abril”. A presentación do libro levouse a cabo onte na Casa da Cultura de Pontedeume coa presenza de Fraga, o alcalde Gabriel Torrente, o editor Manuel Bragado e o ilustrador Antonio Seijas, responsable das imaxes do volume.
En “O castañeiro de abril” Antonio Fraga narra a historia dun neno cego que perdeu a súa nai e vive afastado do pai en casa duns familiares. Malia as circunstancias, o neno sácalle proveito á vida ata que traba amizade cun ser máxico, o castañeiro do título. Unha mensaxe optimista idónea para os tempos actuais, segundo recoñeceu o propio autor.
Fraga confesou que o ter gañado o Merlín co seu segundo libro (o primeiro, “Xildas”, tamén acaba de aparecer e o presentará o día 7 na Coruña) obrígalle a seguir escribindo e a facelo dentro do ámbito da literatura infantil e xuvenil. “Empecei escribindo contos para adultos, pero o nacemento da miña sobriña motivoume a facer esta literatura e estou encantado e moi cómodo”. n

Antonio Fraga presentou en Pontedeume o Premio Merlín de Edicións Xerais

Te puede interesar