Valdoviño inaugura o venres a III edición da súa Feira Medieval

Valdoviño inaugura o venres a  III edición da súa Feira Medieval
Feria Medieval de Valdoviño

Por terceiro ano Valdoviño terá a súa Feira Medieval. As actividades comezan o vindeiro venres e durarán ata o domingo 18. A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Recreativa Feiras e Eventos de Valdoviño (ACR Fevaldo) e conta coa colaboración do Concello de Valdoviño que anima aos veciños a que se disfracen de época.
A cita contará, do mesmo xeito que en edicións anteriores, con postos de artesanía, coiro, téxtil, ferreiros, alimentación, palilleiros, ourivaría, etc., ademais de actividades de lecer para os máis pequenos, animación polas rúas ou espectáculos de música ao longo do día.

pregón de xosé leira
A feira abrirá na xornada do venres de 16.00 a 21.00 horas. Ademais do anteriormente citado, haberá talleres de cerámica para nenos dirixidos por Rocío Bogo. Xa o sábado a cita comezará ás10.30 horas. Ás 12.45 horas  o escritor e sociólogo Xosé Leira López, profesor da Universidade da Coruña.
Continuarán as mesmas actividades que na xornada anterior, ás que se sumará en diferentes horas do día a compañía de teatro de monicreques Piruleta. Tamén dentro dos artesáns sumaranse algúns procedentes de Asturias. O programa mantense aberto ata as 21.00 horas.
O domingo será a derradeira xornada da III Feira medieval de Valdoviño. A programación é semellante á dos dous días anteriores, aínda que polo serán, de 16.45 a 17.30 horas, está prevista a actuación das cantareiras do grupo Algarabía e do grupo de gaiteiros e de baile galego “Álvaro Cunqueiro”, de Lago.
A maiores, durante os tres días de animación haberá un carrusel medieval de madeira e con tracción humana. Así mesmo, os nenos que queiran participar no taller de forxa do ferreiro asturiano Sergio poderán facelo e as pezas que realicen poderán levalas para as súas casas.

Valdoviño inaugura o venres a III edición da súa Feira Medieval

Te puede interesar