Quince comparsas animarán o vindeiro luns 27 o Entroido no barrio da Magdalena

Quince comparsas animarán o vindeiro luns 27 o Entroido no barrio da Magdalena

Varios son os factores que levan a pensar que o deste ano será un Entroido especial na cidade ferrolá. O importante incremento no número de comparsas –das sete do ano pasado pasarase ás 15 inscritas no actual, cubríndose así as prazas dispoñibles–; a colaboración do Concello tanto coa AVV de Ultramar como coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca co obxectivo de potenciar a festa; ou o feito de que o Martes de Entroido sexa este ano festivo na cidade naval –ao substituirse polo de San Xiao, que coincidiu en sábado– contribuirán, sen dúbida, á dinamización dunha cita con varias actividades previstas.
No barrio da Magdalena, o pasarrúas e gala de Entroido terá lugar o luns día 27. Partirá ás 18.00 horas desde a Praza de España para rematar na praza de Amboaxe, onde, arredor das 19.30 horas, terá lugar o festival no que as comparsas amosarán a súa capacidade creativa a través dos seus repertorios.
Unha verbena final a cargo de Los Zares servirá para pechar a xornada. O Concello instalará alí unha carpa que garantir a gala en caso de choiva.
Participarán as seguintes comparsas: OJE, Colexio Belén, A Revolta –estas tres de Ferrol–, Semente de Trasancos, Parrandolos, Aturuxo de Melpómene, Tróupele Tróupele, Xoaniñas, Os Ferreiriños, Os Colludos, Argalleiros –todas de Narón–, Xente de aquí e acolá (Pontedeume), Os Trastos de Valdoviño, Canteira de Neda e Paso a paso de Fene. A todas elas sumarase ademais o grupo Tiquismikis. As tres mellores comparsas recibirán un premio simbólico.
A programación continuará ao día seguinte, o martes, cunha festa infantil, de novo en Amboaxe, que dará comezo ás cinco da tarde e que incluirá actuacións musicais, pasarrúas, e outras propostas.

colaboración
Este ano, por primeira vez, o Concello de Ferrol e a AVV de Ultramar, onde se dá por finalizado o Entroido ferrolán co xa tradicional Enterro da Sardiña, colaboraron man a man na organización da festa, o que onte foi salientado pola presidenta da entidade veciñal, Natalia Ares.  Tal e como explicou, tamén neste caso completouse o número máximo establecido de comparsas, un total de quince, ás que aínda podería sumarse algunha máis. 
O Enterro da Sardiña terá lugar o venres 3 de marzo, a partir das 17.00 horas, hora de inicio da festa infantil. Ás 20.15 horas dará comezo o desfile das comparsas polas rúas de Ultramar. Unha vez na praza, cada comparsa amenizará a noite con cancións e parodias a través das súas actuacións, coas que se abrirá paso á incineración da sardiña no mesmo lugar, acompañada dunha actuación. O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, que onte presentou ou programa, amosou a súa satisfacción pola excelente resposta das comparsas, tanto de Ferrol como da comarca, ao Entroido no centro da cidade, unha festa “que nos últimos anos viña languidecendo e que nós queremos potenciar e dinamizar”, o edil. n

Quince comparsas animarán o vindeiro luns 27 o Entroido no barrio da Magdalena

Te puede interesar