As Meninas non se queren aburrir en Canido e ofrecen variadas propostas

As Meninas non se queren aburrir en Canido e ofrecen variadas propostas
Meninas de Canido 2014

Tralo comezo das actividades das V Meninas de Canido, coas primeiras pintadas, proxeccións de fotografías e curtametraxes e concertos con Rubén Artabe e Sés, hoxe é o día grande da celebración.
Desde as 10.00 horas os pintores participantes decorarán uns 70 espazos do barrio de Canido coa emblemática figura de Velázquez. Xa ao mediodía, o escenario central da rúa Manuel Arias Lili acolle un espectáculo de zumba coa compañía de danza Allegro. Trátase dunha iniciativa de carácter benéfico, así que os participantes deberán entregar alimentos á asociación “Dignidad”, de Canido, que estará alí presente.
Posteriormente, ás 13.00 horas, na praza da Tafona terá lugar un concerto de folk a cargo dos “Cempés” Antón Varela e Óscar Fernández. Asemade, desde as 14.00 horas celebrarase unha actuación no escenario do campo da feira a cargo de Lenda Ártabra. Tamén o crítico e xornalista musical da Radio Galega Moncho Lemos apuntouse á festa e fará de picadiscos na sesión vermú das 15.30 horas.
Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, Copi Villaamil impartirá un obradoiro de marcapáxinas na praza da Tafona. No mesmo espazo desenvolverase un festival de música e poesía a partir das 19.00 horas. Intervirán os escritores Verónica Martínez, Alberte Momán, Marité Prieto e Teófila Noemí Ruiz. No eido musical estarán acompañados por Miguel Castro, Piti Sanz e Quant. Así mesmo, na rúa Muíño do Vento haberá un espectáculo de danza a partir das 21.40 horas con Vivi Suárez Taibo e o Clube Esquío.

curtas e rock'n'roll
Posteriormente, no escenario central da rúa Manuel Arias Lili haberá a partir das 22.00 horas a proxección da curtametraxe de animación en técnica de stop-motion “A Belle Epoque”, realizada por César Lombera e David Loureiro. Posteriormente, ao redor das 22.15 horas, haberá un concerto de Ardóbriga, seguido dunha proxección en Súper 8 a cargo de Fernando Pujalte, e unha nova actuación, neste caso a partir das 23.30 horas, a cargo do gamberro quinteto de Sigüeiro Familia Caamagno. Ao redor da unha da madrugada o DJ Karlangas de Novedades despedirá esta intensa programación das Meninas de Canido. n

As Meninas non se queren aburrir en Canido e ofrecen variadas propostas

Te puede interesar