CEDEIRA - Adxudican obras de mellora na estrada que vai ao polígono da Trabe

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, vén de anunciar a adxudicación das obras de mellora do vial que une a estrada provicial DP-2201 co polígono industrial de A Trabe. Trátase dunha calzada de 2,2 quilómetros e un ancho medio variable de entre 3,50 e 4,20 metros e que, á súa vez, comunica os núcleos poboacionais de Sisalde, San Miguel e Montemeao, todos eles na parroquia de Esteiro. Segundo o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, a intervención inciaráse nos próximos días e conta cun prazo de execución de tres meses. A referida actuación está orzamentada en 83.000 euros.
O propio Vilela sinala que a actuación comezará coa limpeza das cunetas en ambas marxes e, seguidamente, levaráse a cabo un rebacheo puntual onde sexa preciso e se aplicará reforzo con regos asfálticos. O concelleiro apuntou que se completará a mellora coa instalación de bandas redutoras para tentar rebaixar a velocidade á que circulan os vehículos polo referido vial, sobre todo á altura do núcleo de San Miguel. O Concello tamén contempla acometer en breve varias obras de abastecemento e tamén noutras pistas municipais.

CEDEIRA - Adxudican obras de mellora na estrada que vai ao polígono da Trabe

Te puede interesar