Os estudantes da UDC elixirán o 5 de febreiro aos seus representantes no Claustro

Os estudantes da UDC elixirán o 5 de febreiro aos seus representantes no Claustro
imaxe de arquivo dunha das últimas votacións

A Universidade da Coruña celebrará o vindeiro día 5 de febreiro eleccións de representantes do estudantado no Claustro así como de representantes en xuntas de centro e nos consellos de departamento. Á primeira das convocatorias están chamados os máis de 20.000 alumnos de primeiro, segundo e terceiro ciclo, de graos e mestrados oficiais, da institución académica herculina.

No campus de Ferrol están chamados á cita coas furnas un total de 2.788 estudantes (350 en Deseño Industrial, 884 na Universitaria Politécnica de Serantes, 762 na Escola Politécnica Superior de Esteiro, 132 en Humanidades, 246 na Facultade de Ciencias do Traballo e 414 en Enfermería e Podoloxía).

O Claustro é o máximo órgano de representación da comunidade universitaria ao que corresponde a elaboración dos Estatutos.

No campus de Ferrol están chamados á cita preto de 2.800 universitarios

Está composto, ademais de polo reitor, secretario xeral e xerente, polos representantes dos profesores doctores con vinculación permanente, os das restantes categorías do persoal docente e investigador, do Persoal de Administración e Servizos e polos estudantes, sumando arredor de 300 membros.

Estes serán elixidos por un período de catro anos, agás no caso precisamente dos representantes dos estudantes, que o serán por dous.

 

renovación

De aí que toque este ano proceder á renovación dos mesmos, polo que poderán presentar a súa candidatura todos aqueles que teñan a condición de elixible por figurar no censo definitivo correspondente.

O Claustro está integrado por unhas 300 persoas dos diferentes colectivos

Entre o 14 e o 17 do presente mes terá lugar o prazo de presentación das candidaturas, fixándose para o 28 de xaneiro a proclamación definitiva das mesmas. Trala campaña electoral, que abranguerá desde o 29 de xaneiro ata o 4 de febreiro, as eleccións terán lugar na xornada do 5 de febreiro.

Este mesmo calendario electoral é o que rexerá tamén a elección dos representantes en Xuntas de Centro –o órgano colexiado do goberno no mesmo– así como dos representantes nos Consellos de Departamento.

Nos dous teñen representación, ademais dos profesores e persoal do PAS, os estudantes.

A Xunta de escola ou facultade ten, entre outras competencias, a aprobación das liñas xerais da política académica do centro, a supervisión da xestión dos diferentes órganos de goberno e a administración do centro, propór a implantación de novas titulacións e a organización de cursos ou estudos de posgrao ou a organización de actividades docentes para a obtención dos títulos académicos, entre outras.

Pola súa banda, o Consello de Departamento planifica as actividades docentes e investigadoras do mesmo, organiza cursos de especialización dentro do seu ámbito de competencia ou a aprobación de memoria anual sobre as actividades docentes e investigadoras desenvolvidas.

 

exames

Por outra banda, desde hoxe e ata o vindeiro 25 de xaneiro terá lugar a avaliación das materias do primeiro cuadrimestre para todos os estudantes de grado da Universidade da Coruña. Para os que aínda cursan plans antigos, os exames comezarán o vindeiro día 21.

Os estudantes da UDC elixirán o 5 de febreiro aos seus representantes no Claustro

Te puede interesar