Moitos anos, concretamente desde 1979 –cando se constituíu– leva traballando a Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume pola promoción e recuperación da música, o baile e os vestiario tradicional galegos, un patrimonio artístico que cada ano tratan de achegar á cidadanía en forma de actividades como o xa emblemático Festival Internacional de Folclore.
A cita, que chega a súa vixésimo novena edición, terá lugar os vindeiros 5e 6 de agosto na Praza de San Roque da vila eumesa, a partir das 21.00 horas. Alí, e xunto á agrupación anfitriona, daranse cita grupos de Polonia, Sudáfrica e o Coros y Danzas de Santomera, de Murcia.
O Festival, convertido xa en todo este tempo nun marco perfecto para amosar o legado folclórico de diferentes países e culturas, virá determinado en certa medida nesta edición pola participación da agrupación eumesa no Festival dos Pobos de Europa que do 19 al 26 de agosto terá lugar en Zakopane (Polonia).
polonia
A AFC Orballo foi a seleccionada pola Federación de Asociaciones de Coros y Danzas de España (Facyde) para representar ao país nun evento cultural que nos últimos trinta anos non tivo presencia de formacións galegas.
Os eumeses aproveitarán a cita eumesa para presentar o espectáculo co que viaxarán a terras polacas –titulado “Romaría na Serra de Louba”, que xira arredor da tradición galega e no que participarán preto de corenta persoas–, así como para intecambiar experiencias cos convidados de Murcia tralo súa participación o pasado ano no encontro de Zakopane.
logro
“Para nós é un gran logro e un recoñecemento ter sido seleccionados para o Festival de Polonia”, salienta o presidente da asociación eumesa, Eduardo Mourelle Botana.
A viaxe conta coa financiación da área de Cultura da Deputación da Coruña, cunha achega de 26.400 euros para gastos de transporte e billetes de avión así como doutras necesidades técnicas. Desde a propia entidade están a desenvolver tamén outras propostas, como venda de rifas, para recaudar fondos para o desprazamento do vindeiro mes.