Audiovisual | Ferrolterra, moi presente nos Premios Mestre Mateo desta noite

Audiovisual | Ferrolterra, moi presente nos Premios Mestre Mateo desta noite
Sonia Castelo opta ao premio de mellor interpretación feminina protagonista

O Palacio da Ópera da Coruña acollerá esta noite a gala dos Premios Mestre Mateo, que será emitida en directo a partir das 22.00 horas na Televisión de Galicia. A Academia Galega do Audiovisual (AGA) recoñecerá así un ano máis os traballos máis salientables do ano nun total de veinticinco categorías.
A comarca de Ferrolterra estará moi presente nunha cerimonia liderada por mulleres e que será presentada pola actriz naronesa Iolanda Muíños.

A ferrolá Sonia Castelo é candidata no apartado de mellor interpretación feminina protagonista polo seu papel de “Juana de Vega, vizcondesa do arado”, na película dirixida por Zaza Ceballos, natural tamén da cidade naval.
“Estou encantada, moi ilusionada e moi sorprendida”, cometaba onte Castelo, que desde hai anos reside en Madrid. Para a actriz, xa é un premio non só a nominación senón o feito de ter traballo nunha profesión no que, lamentablemente, non semella terse en conta a experiencia adquirida cos anos, sobre todo nos casos das mulleres, “onde a partir de certa idade resulta moi difícil traballar. A diferencia doutras profesións, onde o paso dos anos permite ir adquirindo unha experiencia que se valora moita, aquí canta máis idade teñen as actrices, máis custa traballar”, comenta.

Da nominación, a ferrolá salienta sobre todo o feito de que son os seus propios compañeiros de profesión os que recoñecen a súa interpretación como Juana de Vega, unha das mulleres pioneiras en España na defensa da xustiza e das desigualdades sociais. Castelo considera necesario recuperar e visibilizar a todas esas mulleres que ao longo da historia fixeron unha gran achega á sociedade en xeral.
“As historias de mulleres tamén teñen os seus seguidores”, destaca, facendo alusión ao bo índice de audiencia rexistrado pola película que protagonizou.
María Bouzas, nada en San Xoán de Piñeiro (Mugardos), recibirá o premio de honra Fernando Rey da AGA en recoñecemento á súa traxectoria, “referencia ineludible para a televisión, o teatro e o cinema en Galicia”.

Emoción
Moi emocionada tamén expresábase onte María Bouzas, que esta noite recibirá o premio de honra Fernando Rey de mans de “amigos e compañeiros que me teñen aportado tanto. Déronme ás, permitíronme voar. A Academia Galega segue a ser un espazo libre para os creadores”, comentou.
Moi coñecida polos seus papeis de Charo en Pratos Combinados ou Carmela en Terra de Miranda, desde hai sete anos dá vida á malvada matriarca Dona Francisca na serie “El secreto de Puente Viejo” de Antena 3”. Un personaxe que lle está a aportar moito grazas ao excelente traballo, di, feito polos guionistas. “En Puente Viejo somos unha familia, somos unha piña”, apunta.
A presencia de mulleres non só será visible na gala desta noite, senón tamén nas nominacións, que contan con mulleres candidatas en case todas as categorías.

Ademais, a parte das numerosas óperas primas presentes nesta edición do Mestre Mateo, salienta a repercusión que moitas das pezas nominadas están a conseguir nos últimos meses, tal e como se destacou

Audiovisual | Ferrolterra, moi presente nos Premios Mestre Mateo desta noite

Te puede interesar