Os alumnos de terceiro curso de Primaria toman hoxe o relevo das probas de avaliación

Os alumnos de terceiro curso de Primaria toman hoxe o relevo das probas de avaliación
concentración delante de la Xunta en contra de la revalidas

Trala celebración hai dúas semanas das probas de avaliación introducidas pola Lomce para o alumnado de 6º de Primaria –celebradas este curso por primeira vez–, hoxe e mañá será o turno para ás establecidas para os de 3º –desenvolvidas xa o pasado–. 
Nestes dous días, os escolares terán que facer fronte a unha serie de exercicios que non influirán no expediente académico pero que, segundo as asociacións de nais e pais, supoñen un prexuízo e unha presión innecesaria para os rapaces ademais de “desprezar” ao profesorado, encargado durante todo o curso de avaliar os escolares en todas ás áreas. 
Nestes e outros negativos aspectos da Lomce en xeral e destas coñecidas como “reválidas” en particular, incidieron onte, unha vez máis, desde a Feanpas de Ferrolterra no decurso da concentración celebrada onte pola tarde ante o Edificio Administrativo da Xunta na Praza de España. O seu presidente, Javier Sánchez, salientou a elevada porcentaxe de familias (máis do 80%) con nenos en colexios públicos que hai quince días, co gallo das probas de sexto, amosaron o seu rexeitamento á Lomce e a estas convocatorias ao non mandar aos seus fillos ao colexio, secundando así o chamamento feito polas Anpas. Agardan que, desta volta, suceda o mesmo.
Logo deste calendario de mobilizacións con motivo da celebración das “reválidas”, a Federación de Anpas de Ferrolterra, integrada na Confederación Anpas Galegas que tamén preside Sánchez, continuará coa campaña dirixida a esixir a derrogación da Lomce, aprobada polo Partido Popular, e á volta á anterior norma educativa.
Consideran tamén esencial o establecemento dun proceso de diálogo para o deseño dun modelo educativo que conte coa implicación de toda a comunidade educativa, desde o profesorado ata as familias. 
“Queremos unha lei educativa galega, que defenda un ensino galego, público e sobre todo inclusivo”, dixo Sánchez.

Os alumnos de terceiro curso de Primaria toman hoxe o relevo das probas de avaliación

Te puede interesar