Un total de 42 obras dan forma á exposición do XXIV premio de Gráfica Máximo Ramos 2016

Un total de 42 obras dan forma á exposición do XXIV premio de Gráfica Máximo Ramos 2016
A mostra será inaugurada mañá no Torrente jorge meis

O XXIV premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos, convocado con carácter bianual polo Concello de Ferrol e dotado con 7.000 euros, coñecerá mañá venres o nome do gañador desta edición. O fallo do xurado será revelado ás 20.00 horas no centro cultural Torrente Ballester no decurso da inauguración da mostra elaborada coas 42 obras seleccionadas entre as presentadas polos 220 artistas, procedentes de 25 países diferentes, que concorreron ao certame.
“É unha exposición moi diversa, que representa moi ben o que é a expansión do mundo da gráfica actual e que tamén é moi significativa do que é a arte contemporánea nos nosos días”, comentou onte a coordinadora do premio, Mónica Maneiro.
Salientou a calidade das obras e tamén a hibridación desta técnica con outros estilos artísticos. “Podemos ver pezas que teñen traballo audiovisual, de interacción co son, incluso algunhas moi tecnolóxicas, con outras máis clásicas fundamentadas na xilografía, serografía ou gravados en ácido, por exemplo”, engadiu a comisaria de exposición.

proxección
Referiuse tamén Maneiro ao alcance cada vez maior que está a ter a convocatoria, o que reforza o seu carácter internacional. “Nesta convocatoria houbo moita atención de Sudamérica, por exemplo, aparte dos participantes europeos, Canadá, EEUU, etc”, explicou.
O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, apuntou a este certame como un dos de maior tradición na cidade mais tamén a nivel estatal e cada vez máis tamén no panorama internacional.
A isto contribuíu, segundo explicou, a flexibilización hai uns anos das bases que regulan a convocatoria, eliminando así algunhas restriccións que ata entón limitaban certos aspectos do galardón.

Un total de 42 obras dan forma á exposición do XXIV premio de Gráfica Máximo Ramos 2016

Te puede interesar