Seleccionadas nove bandas para a segunda fase do Runas do Festival Celta de Ortigueira

O comité de selección do Concello de Ortigueira vén de facer a selección das bandas que, tras superar a primeira fase –á que se presentaron un total de 19– continúan na loita por facerse un oco na final do Proxecto Runas para novos valores da música folc que terá lugar na primeira noite do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xoves 13 de xullo.

O xurado tivo en conta criterios como a calidade musical, a traxectoria, a técnica ou a creatividade para escoller as nove bandas que acceden así á segunda fase. Trátase Gabril G Diges (Irlanda); Gwiddel (Andalucía), Jesús del Castillo (Madrid), Koji Koji Moheji (Japón), Lochlain (Valencia), Mosquera Celtic Band (Castilla La Mancha), Noreia (Slovenia), Rastakeltia (Madrid) e Virandeira (Galicia). Desde onte e ata o vindeiro 11 de maio comezarán as votacións on line desde a páxina web do emblemático festival ortegán.


Os puntos obtidos polas bandas na páxina web serán consideradas como un membro do xurado de finalistas, xunto cos votos de outros catro xurados, seleccionados entre músicos, produtores, etc. Os tres grupos seleccionados, cuxos nomes serán publicados o vindeiro 19 de maio, terán a oportunidade de achegar a súa música aos milleiros de afeccionados da cita celta a través dos concertos que ofrecerán no Escenario Estrella Galicia.

Seleccionadas nove bandas para a segunda fase do Runas do Festival Celta de Ortigueira

Te puede interesar