As I Xornadas ABN Ferrol reuniron onte na cidade a unhas 250 persoas arredor deste método matemático

As I Xornadas ABN Ferrol reuniron onte na cidade a unhas 250 persoas arredor deste método matemático
As xornadas desenvolvéronse durante toda a xornada no CIFP Ferrolterra | jorge meis

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol foi o organizador da primeira edición das Xornadas ABN Galicia, antesala do IV Congreso Nacional de ABN de Zaragoza que terá lugar os vindeiros 30 de xuño e 1 de xullo.

O programa, que onte reuniu en Ferrol a unhas 250 persoas da comarca, doutros puntos de Galicia e mesmo de Asturias, céntrase nesta metodoloxía matemática que prima o razoamento lóxico, respecta o ritmo de traballo do alumno, o que o fai un método inclusivo, e contextualiza todo o traballo que se fai, levando ao terreo da aplicación práctica.
O encontro contou coa presenza de Jaime Martínez Montero, creador do programa, que adiantou a súa chegada á cidade ao venres para visitar algúns dos centros da comarca que teñen implantada esta metodoloxía.

Oito fanno dentro do seu proxecto de formación en centros, como é o caso do CPI San Sadurniño, os CEIPs Santiago Apóstolo de Franza, Unión Mugardesa, Virxe do Mar de Narón, Nicolás del Río de Cedeira, San Xoán de Filgueira de Ferrol, A Magdalena de As Pontes e o Virxe da Cela de Monfero.
Outros centros aplican tamén este sistema fóra do devandito plan de formación docente.
As xornadas, que foron desenvolvidas no salón de actos do CIFP Ferrolterra, incluíron tres conferencias e doce obradoiros que permitiron abordar cuestións como a programación e evaluación en ABN, os recursos TIC e a resolución de problemas, os decimais nesta metodoloxía, materiais e recursos, ou a resolución de problemas e presentación do método ás familias.

Demanda
“La creciente demanda de formación en esta metodología matemática nos indica que es necesario un cambio de metodología que favorezca un desarrollo real de la competencia matemática, favoreciendo de esta manera el desarrollo de un razonamiento lógico frente al aprendizaje mecánico y meramente repetitivo, donde el alumno no comprende lo que hace”, apuntaron desde a organización.
Esta metodoloxía de traballo presta especial atención ás estratexias para a resolución de problemas, contextualizando sempre as situacións a resolver, fomentando deste xeito a atención, motivación e funcionalidade do aprendido.


“Respeta también el desarrollo madurativo de cada alumno, pudiendo llegar, a través de estrategias diferentes al mismo resultado. Es un método de algoritmos abiertos, ya que permite realizar las operaciones de forma diferente para cada alumno”, engadiron desde a organización do encontro celebrado onte.
No curso actual, Jaime Martínez Montero asistiu á formación en aula cos alumnos dos centros que teñen implantada a metodoloxía, traballando con eles directamente e asesorando aos docentes que implementan esta metodoloxía activa de traballo.

Este equipo docente ten numeroso material de traballo on line, gratuíto e de excelente calidade educativa, que comparten desde o seu sitio “sosprofes.es”, o rincón de axuda ao profesorado.

As I Xornadas ABN Ferrol reuniron onte na cidade a unhas 250 persoas arredor deste método matemático

Te puede interesar