Milleiros de nenos de toda a comarca participan estos días na segunda semana da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que organiza o Padroado da Cultura de Narón e que permitirá que máis de 7.500 escolares da zona desfruten con algunha das propostas escénicas.
Na xornada de onte retomáronse as funcións desta semana, a cargo da compañía Ghazafelhos, que escenificou no Pazo da Cultura naronés a representación teatral “A nena e o grilo”, que volverá a representarse hoxe e mañá ante máis de 2.000 nenos. A Mostra proseguirá durante todo o mes.
Como complemento a cita deste ano inclúe unha exposición, no Pazo, sobre a traxectoria da compañía “Os monicreques de Kukas” e varias mesas redondas. l