Pontedeume entra de cheo nas festas coa cucaña marítima

Pontedeume entra de cheo nas festas coa cucaña marítima
pregón de evaristo amado en la fiestas de pontedeume

Os mómaros saíron onte pola mañá á rúa en Pontedeume por primeira vez durante as festas patronais, nunha primeira xornada na que se realizou a ofrenda floral á Virxe das Virtudes na súa igrexa e o xornalista Evaristo Amado pronunciou o pregón desde o balcón da casa consistorial. A banda de música da escola Charamela, a batucada Os Fenómenos e a orquestra Tambo puxeron a nota musical a un día que anunciaba o ambiente festivo que explotará xa hoxe e ata o mércores 11, en que remate as Peras coa xira ó Eume.
A grande atracción de hoxe é a cucaña marítima, que se realiza nun barco situado entre a ponte de pedra e a ponte de ferro. Alí, os máis novos pelexan por manterse en pé nun pau ensebado que ten, no extremo, unha bandeira. Ese é o trofeo que teñen que acadar antes de caer á auga para gañar un dos tres premios.
A cucaña, que siguen centos de persoas desde terra e en pequenas embarcacións no mar, comezará en torno á unha da tarde, despois de que se celebre a misa, con procesión (con música de Charamela), na honra da Virxe das Virtudes, ás 11.30 horas. Antes volverán saír mómaros e cabezudos á rúa a bailar.
Ó rematar a cucaña realizarase a “queima do galán”, un espectáculo pirotécnico con ruidosas tracas e un boneco en barco que rema cada vez máis rápido ata que a súa cabeza salta polos aires.
Será despois o tempo de voltar á casa para os xantares familiares e tomar forzas para a tarde, que comezará con deporte. Haberá unha exhibición de judo na pista do parque Sarmiento ás seis e un partido de baloncesto no pavillón ás sete.
Os dous acróbatas circenses da compañía Desastronauts ofrecerán o seu espectáculo na rúa ás 19.30 horas, para dar paso, ás 21.00, á primeira das tres actuacións teatrais que haberá durante as festas. Será a comedia “Misión sapiens”, da compañía Malasombra. Luis Iglesia, Xabier Deive, Jouse García, Xoque Carbajal e Marcos Orsi (que tamén dirixe) interpretan esta obra escrita polo dramaturgo naronés José Prieto. A verbena correrá esta noite por conta da orquestra Alarma.
As celebracións continuarán mañá co tradicional concurso de froitas e o martes coa renovación dos votos a San Nicolás de Tolentino e a bendición dos bolos e os fogos artificiais. 

Pontedeume entra de cheo nas festas coa cucaña marítima

Te puede interesar