Manuel Ferreiro e Laura Castro gañan os premios de investigación

Manuel Ferreiro e Laura Castro gañan os premios de investigación
Presentación premios Concepción Arenal y González Llanos

O “Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa” de Manuel Ferreiro Fernández, e a “Metodoloxía para a avaliación económica de parques eólicos offshore flotantes: aplicación a Galicia”, de Laura Castro Santos, son os traballos gañadores da novena edición dos Premios de Investigación Concepción Arenal en Humanidades e González-Llanos en Enxeñaría Naval, que organizan conxuntamente o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña e cuxo fallo deuse a coñecer na mañá de onte.
No acto, os representantes municipais e da institución académica reafirmaron o seu compromiso coa investigación e a súa intención de mantelos como “signo de distinción” dunha política de apoio a este eido que non ten parangón no resto do Estado, como explicou o concelleiro de Cultura e presidente de ámbolos dous xurados, Reyes García-Hurtado. “É, de todos os concellos de España, o premio municipal mellor dotado economicamente –30.000 euros en total–”, asegurou, unha distinción que atribuíu ao traballo que veñen facendo as distintas corporacións desde que se instituíron en 1998.
O edil incidiu en que, ademais de naval e industrial, Ferrol é tamén unha cidade universitaria que “xera coñecemento” e ratificou o compromiso do goberno local de seguir apostando polos premios e mesmo de facelos máis atractivos. “Estamos tratando de que se convoquen tamén a través do BOE e de acadar a exención do pagamento do 21% de IVE”, engadiu.

once propostas
A voceira do xurado do premio de Humanidades, María Jesús Lorenzo, destacou do traballo gañador que “supón un notábel avance do coñecemento” nun “produto da cultura propia, a lírica medieval, que tivo unha repercusión a nivel europeo” .
Pola súa banda, Francisco de Bartolomé puxo o foco no carácter innovador da proposta dirixida por Laura Castro. De feito, sinalou que os parques eólicos offshore flotantes “non existen aínda máis ca en prototipos que se están a desenvolver en Noruega e Portugal”, de aí, dixo, a importancia  dun estudo de viabilidade económica que podería supor un bo punto de partida para as empresas galegas que queiran apostar por este tipo de negocio. n

Manuel Ferreiro e Laura Castro gañan os premios de investigación

Te puede interesar