Aparece unha femia de calderón morta na praia de Doniños

Aparece unha femia de calderón morta na praia de Doniños

O pasado venres chegaba á praia de Doniños un exemplar de calderón común e onte aínda seguía varado no areal. O responsable da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños –Cemma– da zona norte, Juan Ignacio Díaz da Silva, explicou a este diario que se trata dunha femia duns 2 metros e 72 centímetros de longo e que, por tanto, era xuvenil, xa que esta especie pode chegar a superar os 6 metros.
A captura do animal –como comentou Díaz da Silva– prodúxose de maneira accidental ao quedarse atrapado nun aparato de pesca, pero de forma “totalmente involuntaria”.
Unha vez feita a necrosia completa e comprobar que estaba “bastante fresco”, o responsable da Cemma na zona norte deu aviso ao 112 para que se puxesen en contacto coa policía local de Ferrol e retirasen o cadáver. O organismo encargado de actuar neste casos soe ser a Gestora de Subproductos de Galicia Gesuga, responsables de recoller animais máis grandes como as vacas.
No estudo do animal, levado a cabo por Juan Ignacio Díaz da Silva e o seu equipo, puidéronse recoller 40 ou 50 mostras dos órganos do especímen, que detallan información biológica que sirven para realizar, posteriormente, estudios de alimentación, idade xenética... Asimesmo, a graxa do calderón tamén serve para levar a cabo traballos de contaminación das augas, xa que soen presentar moita cantidade de mercurio. 
O cetáceo vive na plataforma de Galicia, xa que é máis abundante no Atlántico e é moi fácil de recoñecer pola súa coloración negra cunha única mancha ventral blanca en forma de ancla e a característica cabeza globosa que explica a denominación coa que se lle coñece popularmente.

Rede de varamentos
Dado o elevado número de varamentos rexistrados durante a década dos noventa e as figuras de protección que teñen os cetáceos, en 1999 estableceuse un Convenio entre a Xunta de Galicia –autoridade competente– e CEMMA para crear a Rede de Varamentos de Galicia, que segue vixente 17 anos despois.
Na actualidade, a CEMMA ten dúas Unidades Móbiles de atención permanente aos animais varados, unha con base en Ferrol e outra en Nigrán.

Aparece unha femia de calderón morta na praia de Doniños

Te puede interesar