Sementeira celebra mañá o XI Encontro de Bandas no Pazo da Cultura de Narón

Sementeira celebra mañá  o XI Encontro de Bandas no Pazo da Cultura de Narón
Copia de Diario de Ferrol-2014-05-09-017-dca0812a

Mañá sábado a asociación cultural musical Sementeira (que inclúe á Xove Banda de Narón), organiza o XI Encontro de bandas de música co gallo, un ano máis, da conmemoración do Día das Letras Galegas. Será no Pazo da Cultura a partir das 19.30 horas cun prezo nas entradas de 2 euros.
Nesta ocasión, as bandas participantes serán a asociación cultural Banda de Música de Vilalba (Lugo); a prestixiosa Banda de Música de Salcedo (Pontevedra), gañadora o pasado ano do VII Certamen Galego de Bandas, e a anfitriona local, a Xove Banda de Narón.
O público asistente ao Pazo da Cultura poderá disfrutar das interpretacións que estas agrupacións musicais levarán a cabo, cunha ampla variedade de estilos, reflexo da enorme paleta musical propia deste tipo de formacións.
A organización adianta que non faltarán pasodobles galegos, fragmentos de pezas clásicas, seleccións recompilatorias de obras populares, valses, etcétera.

Sementeira celebra mañá o XI Encontro de Bandas no Pazo da Cultura de Narón

Te puede interesar