Ferrol prepárase para a Noite das Pepitas, a celebración máis singular do seu calendario

Ferrol prepárase para a Noite das Pepitas, a celebración máis singular do seu calendario
DÍA DAS PEPITAS JOFRE

O Teatro Jofre volve acoller os actos institucionais con motivo do Día das Pepitas e da conmemoración da Irmandade co Concello de Mondoñedo tras o cambio de lugar o pasado ano polo Auditorio de Caranza. A celebración dará comezo ás 17.00 horas e homenaxeará ás novas madriñas das oito formacións participantes e a catro rondallistas.
Así, os homenaxeados deste ano serán Manuel Pardavila López e Pedro Paz Freire, que forman parte de Añoranzas; Manuel Arribe Lamas, de Club de Campo; e Juan Hernández Martínez, fundador hai máis de tres décadas da rondalla Añoranzas. Na billeteira do Jofre están disponibles as últimas invitacións para asistir a esta homenaxe, tralo reparto efectuado aos compoñentes das diferentes agrupacións musicais.
Despois da conmemoración institucional, levarase a cabo o festexo popular desta centenaria tradición declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A partir das 18.00 horas, a praza de Galicia acollerá a concentración das oito rondallas: Añoranzas, Bohemios, Club de Campo, Sonidos del Alba, Trovadores de Ares, Rondalla Mugardesa, Lucero del Alba, e a Rondalla de Cariño. En total, uns 293 rondallistas que posteriormente percorrerán as rúas da cidade durante máis de dúas horas. Ao redor das 20.30 comezará na praza de Amboage o festival, que se prolongará ata as 23.00 horas aproximadamente.
Dada a singularidade desta festa, típicamente ferrolá, o Concello está a tratar de aproveitala e dala a coñecer turisticamente. Así, na xornada de celebración da Noite das Pepitas, Ferrol recibirá a visita dunha ducia de turoperadores internacionais que gozarán desta festividade acudindo ao festival de rondallas de Amboage para coñecelo máis en profundidade. A partir de aquí, os expertos turísticos tamén visitarán a sede de Exponav, en Herrerías, e percorrerán a ría ferrolá en lancha ata chegar ao Castelo de San Felipe e visitalo en persoa, así como os arredores da fortificación.

Ferrol prepárase para a Noite das Pepitas, a celebración máis singular do seu calendario

Te puede interesar