Reportaxe | “Trinta lumes”, unha peli que conta mil historias, as propias e as de quen a ve

Reportaxe | “Trinta lumes”, unha peli que conta mil historias, as propias e as de quen a ve
el ideal gallego-2019-02-06-036-bed900cf

O cine independiente ten un oco desde este venres nos Cantones Cines coa estrea de “Trinta lumes”, producida por Elamedia Estudios, a primeiro longa da galega Diana Touceda, que se foi ata O Courel con varias ideas na cabeza, “levaba anos vivindo en Barcelona e quixen voltar á terra para narrar desde aí todo o que aprendera a nivel cinematográfico”. 


Déronse varios factores para que a directora terminase na montaña de Lugo, o azar, entre eles, que a levaron a entrar pola porta do CEIP Uxío Novoneyra en Seoane e coñecer trinta lumes porque “cheguei ao Courel desde os cativos que me fixeron ver cousas coas que non contaba”. Así, a peli que mestura ficción e documental, constrúese por capas con Alba, a protagonista, como fío condutor de todas elas. 
A nena entra no descoñecido, nun espazo de misterio e noutras cuestións porque a cinta fala de moitos tempos á vez, de tradicións e de pasado que segue presente, de devanceiros que están nas xentes e nos traballos. “Vai de todo iso” e de plantexar que pasa se desaparece. Á cineasta gústalle pensar que non se perderá, que mutará porque nesa amalgama de verdes, Touceda sentiu a terra, conectou co arredor e a nivel particular, “a xente que coñecín e da que se soe pensar que é reservado, abriume un corazón enorme. Deixoume entrar na parte máis íntima”. Son almas que están aí para compartir, di, porque a vida é iso e Diana tivo a sensación de facer un traballo testemuñal do que pode cambiar porque se ben nun primeiro pensou en facer unha peli dos seus, Diana conta que “moitas das cousas que quería contar xa non estaban”. 


Son formas de vida extinguidas que, pola contra, si atopou no Courel. E a partir desas realidades, “Trinta lumes” xoga co fantástico porque Galicia tamén o fai: “Podes estar nunha comida na que de súpeto se abre un universo mitolóxico”. Ela inspirouse niso e puxo a bailar a catro nenas. Alba representa a sensibilidade. Paula é menos faladeira e ten o peso das tradicións mentres que Amanda se asusta dos relatos: “Está en contacto do natural dun xeito moi natural”. Por último, Tegra, a máis miúda, xoga ao “Vexo, vexo” e fai que saian a rodar rituais e cousas de sempre que a película vai relatando desde esa mirada pequena e feminina, pura, que contrasta coa adulta, a que moitas veces non fala. De fondo, o espectador vive a natureza. Diso encargáronse man a man a directora de foto e máis ela, que quixeron reflectir como esa paisaxe se imprime na vida das xentes. 

Colleron a cámara coa man e coidaron o son para que o retrato fose completo. Conta Diana que moitos dos que a viron lle comentan que a peli lles levou á infancia. Hai moito plano en 360 grados e cada bosque soa diferente: “Non é o mesmo un val de castiñeiros en outono que unha carballeira tupida”. O filme crea mil historias, as propias e ás de quen a ve.

Reportaxe | “Trinta lumes”, unha peli que conta mil historias, as propias e as de quen a ve

Te puede interesar