Milladoiro e o grupo Combo Dominicano estarán o domingo no Pote de Maniños

Milladoiro e o grupo Combo Dominicano estarán o domingo no Pote de Maniños
Diario de Ferrol-2014-08-19-015-e9b14772

Coa banda galega de folk máis esgrevia, Milladoiro, e a orquestra que está a liderar o ranking dos gustos do público galego este verán, Combo Dominicano, se presenta un ano máis a romaría do Pote de Maniños que se celebra este domingo 24 na parroquia fenesa co actor ferrolán Pepo Suevos como encargado da lectura do pregón.
Porén, as celebracións comezan un día antes, xa que o sábado 23 a partir das 20.00 horas haberá unha degustación gastronómica, de chourixos ao viño, a prezos populares. A noite continuará cun pequeno festival coas actuacións da banda aresá de folk Os Dous de Sempre máis Un, Sacha na Horta e Astarot cos seus temas que mesturan heavy e tradición galega.

completo programa
O domingo 24, celébrase a Festa Tradicional do Pote, romaría laica máis veterana da comarca. Ás 12.00 horas comeza a xornada festiva cun percorrido cara ao campo da festa do grupo Tanto nos ten e a Banda de Gaitas Ría de Ares. Á mesma hora, darán comezos os xogos tradicionais para nenos e adultos. Tamén haberá premios para as mellores cabanas e merendas.
Ás 14.00 horas darase o pregón a cargo do actor ferrolán Pepo Suevos (“Terras de Miranda”, “Entre bateas”, “Pradolongo”) e a continuación pezas populares.
Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas para os máis pequenos da casa darase paso á festa infantil. Ás 19.00 horas será a quenda da agrupación folclórica Donas e Galáns, seguido da actuación de Pepo Suevos que ofrecerá un monólogo aos asistentes. Como pratos musicais fortes ás 21.00 horas actuará Milladoiro no campo da festa do Pote. A noite rematará cunha verbena a partir das 23.00 horas que estará protagonizada polo Combo Dominicano, a orquesta de moda deste verán. n

Milladoiro e o grupo Combo Dominicano estarán o domingo no Pote de Maniños

Te puede interesar