O alcalde de Pontedeume estudia iniciar accións legais polas “infamias” do PSOE

O alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, valora a posibilidade de iniciar as accións que considere oportunas para “exigir a quien corresponda responsabilidades por el daño causado”. Refírese concretamente “a las infamias vertidas por el grupo socialista” en relación coa denuncia que presentaron contra el por prevaricación, que acaba de ser arquivada.
Torrente asegura que en política non vale todo e engade que un pódese equivocar, “pero lo que no puedes es difamar, mentir y calumniar de la forma que se ha hecho por parte de determinadas personas con un claro objetivo: sacarme de la alcaldía”.
O rexedor eumés referíuse, tamén, á denuncia interposta por Pontedeume Siglo XXI en relación coa Festa das Peras, e indicou que no fondo trátase dunha estratexia política dos dous partidos có obxecto de danar a imaxe do actual grupo de goberno, xa que só así, a base de intentar xudicializalos, poderán ter o protagonismo que non teñen  no día a día.
Respecto á investigación da Fiscalía sobre a Festa das Peras, anunciou que o Concello aportará toda a documentación que sexa necesaria, como fixo coa denuncia que se acaba de arquivar, e confía en que “todo acabe en lo mismo, es decir, el archivo de la causa”. Lembra que, pese ó ruído que pretende facer a oposición, trátase de simples cuestións administrativas.

O alcalde de Pontedeume estudia iniciar accións legais polas “infamias” do PSOE

Te puede interesar