Leandro Lamas presenta no Toxos unha pintura polo centenario do Real Coro

Leandro Lamas presenta  no Toxos unha pintura polo centenario do Real Coro
21 enero 2012 A Coruña.- El rector de la Universidad, Xosé Luis Armesto, inauguró ayer el mural que el artista Leandro Lamas ha creado ex profeso para la facultad de Económicas; una iniciativa que fusiona la tradición pr

O Real Coro Toxos e Froles, que está a piques de celebrar o seu 99 aniversario, comeza xa a moverse na organización dos actos para celebrar o seu primeiro século de existencia. Así, no seu local social da rúa Magdalena 220, acolle hoxe ás 19.00 horas a presentación da pintura que o artista Leandro Lamas ten realizado para conmemorar o centenario da entidade e que leva como título “Cen anos”. Acompañarán ao pintor naronés o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o presidente da entidade cultural, Arturo Lamas.
Aínda que a música tradicional será a cerna das conmemoracións do Toxos, o certo é que a entidade elixiu esta presentación pictórica, dun dos artistas máis queridos e admirados de Ferrolterra, para botar a andar no ronsel dos seus primeiros cen anos de existencia.
Por outra banda, a actualidade do Real Coro Toxos e Froles non pasa só polas lembranzas, xa que o sábado 19 de abril celebran unha asemblea xeral odinaria ás 19.00 horas para a renovación da súa xunta directiva, tras catro años de traballo.

Leandro Lamas presenta no Toxos unha pintura polo centenario do Real Coro

Te puede interesar