A Semana Micolóxica achega aos escolares ao mundo dos cogomelos

A Semana Micolóxica achega aos escolares ao mundo dos cogomelos
Cantón Inauguración de la exposición de la semana micológica de Ferrol

Os escolares da cidade teñen estes días a oportunidade de achegarse ao mundo dos cogomelos grazas á celebración da XXIX Semana Micolóxica de Ferrol. Impulsado pola asociación Viriato e coa colaboración do Concello de Ferrol, o programa, aberto á participación de todas as persoas interesadas, ten un marcado carácter didáctico.
A macroexposición, con decenas de especies diferentes e ubicada baixo unha carpa instalada no Cantón, abría onte as súas portas ás primeiras visitas dos centros educativos. Foi o CEIP San Isidro de Neda o encargado de inaugurar a actividade, na que hoxe tomarán parte alumnos doutros colexios como o Recimil. 
Nun ameno percorrido pola mostra, guiado polos propios membros da entidade organizadora, os rapaces reciben información sobre diferentes aspectos relacionados cos fungos: a súa clasificación, características ou os consellos para que o consumo dos mesmos non remate, como ás veces ocorre, de forma tráxica. “Só se deben comer aqueles que se coñecen con absoluta seguridade”, din desde Viriato.
O programa, que se complementa con obradoiros de plástica e debuxo, continuará hoxe con novas visitas e tamén coa entrega dos premios aos carteis elixidos no certame escolar convocado por Viriato todos os anos para ilustrar a xa tradicional cita. Xunto ao gañador, Marco Antonio Uceira, foron tamén premiadas Xuemiao Qin Ji (segundo premio) e Sara Ladra (terceiro), todos eles do CEIP Recimil.
Para a xornada de mañá sábado está prevista unha saída ao monte para a clasificación de cogomelos. As persoas interesadas poderán apuntarse na carpa instalada no Cantón.

A Semana Micolóxica achega aos escolares ao mundo dos cogomelos

Te puede interesar