A “Ruta dos Faros de Galicia” fixo unha parada no Centro de Interpretación do Caldoval

A “Ruta dos Faros de Galicia” fixo unha parada no Centro  de Interpretación do Caldoval

Cunha semana de vida, o Centro de Interpretación do Xacemento Arqueolóxico de Caldoval acolleu onte un seminario técnico dentro do proxecto “Ruta dos Faros de Galicia”, organizado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP) baixo a marca MarGalaica.
Decenas de persoas achegáronse a este emplazamento mugardés para disfrutar, dende as dez da mañá, de diferentes charlas e mesas redondas sobre a posta en valor das vilas romanas na costa de Galicia, a accesibilidade social e turística ao patrimonio marítimo da costa galega e os retos e obxectivos para mellorar estes aspectos, así como a súa aportación á imaxe ou á economía turística do país.
Unha das actividades que contou con maior expectación foi a visita técnica ao xacemento arqueolóxico da man do arqueólogo e coautor do proxecto de musealización do centro, Ángel Rodríguez Castro. 
Logo dun xantar no restaurante Amaragotas Fogar, os asisitentes embarcaron na lancha de Mugardos ás 16.30 horas para realizar unha visita pola ría de Ferrol. Unha vez na cidade naval, visitaron o castelo de San Felipe aproveintando as raiolas de sol que quitaron o protagonismo á choiva da mañá.
As instalacións do centro foron entregadas a pasada semana ao Concello por parte de Reganosa e todo aquel que desexe visitalas pode facelo todos os días da semana de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, ata o 1 de outubro. Os interesados en concertar unha visita guiada polo museo ou recibir máis información poden chamar ao 687 072 116. l

A “Ruta dos Faros de Galicia” fixo unha parada no Centro de Interpretación do Caldoval

Te puede interesar