Gran cita coa música infantil en galego o 17 de abril en Narón co espectáculo “Sons miúdos”

Gran cita coa música infantil  en galego o 17 de abril en Narón co espectáculo “Sons miúdos”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-5b8df542_1

A música infantil en galego goza de boa saúde. Así o demostran a  variedade de propostas xurdidas nos últimos anos da man de artistas e formacións de gran calidade que están a conseguir achegar os máis pequenos a diferentes xéneros, ademais de contribuír coa súa actividade á normalización de lingua galega. Algúns destes profesionais reúnense agora no espectáculo “Sons miúdos”, que o domingo 17 de abril chegará ao Pazo da Cultura de Narón –18.00 horas–. As entradas xa están a venta e poden adquirirse ao prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para os abonados.

actos
Aos músicos Sergio Tannus, Pablo Vidal, Carlos Freire e Javier Constenla –cuarteto que dará forma á banda base– súmanse no escenario outros seis cantantes de música infantil en galego, Uxía (María Fumaça), Magín Blanco (A nena e o grilo), Pablo Díaz (Tic-Tac), Xoán Curiel (Estamos no verán), Paco Nogueiras (Brinca-vai) e Gloria (Mañá Cabra).
Todos eles darán contido a un espectáculo conducido pola actriz Montse Piñón e actor Pepablo Patiños, encargados de fiar a narración teatral que percorrerá a historia de música galega dirixida ao público infantil nos últimos 15 anos a medida que os cantantes van ofrecendo o seu repertorio.
As reservas para presenciar o espectáculo, de algo máis dunha hora de duración, poden facerse a través do teléfono 981 102 897 ou no correo taquilla.pazo@naron.es.

Gran cita coa música infantil en galego o 17 de abril en Narón co espectáculo “Sons miúdos”

Te puede interesar