CCOO denuncia o acusado retroceso da situación laboral da muller na zona

CCOO denuncia o acusado retroceso  da situación laboral da muller na zona
señora de la limpieza

A Secretaría da Muller da unión comarcal de CCOO presentou onte, como é costume nestas datas, o seu informe sobre a situación laboral das traballadoras da comarca. Segundo destacaron a responsable comarcal, Auri Vázquez, e a responsable da devandita secretaría, Mónica Lamas, a muller sufriu o pasado ano un “acusado retroceso” en materia de igualdade no eido laboral. A taxa de paro, en xeral moi elevada en Ferrol, escala ata o 35% no caso da poboación femenina da zona, fronte ao 21% do resto de Galicia.
Mónica Lamas explicou que na comarca hai máis mulleres en idade de traballar –maiores de 16 anos–, pero a súa taxa de actividade é inferior á dos homes –son 95 por cada 100–. “Moitas abandoaron o mercado laboral e outras mantiveron o emprego a costa de precarizar as súas condicións”, denunciou a secretaria da Muller.
Hai unhas 11.000 desempregadas inscritas nas oficinas de emprego da comarca e o tramo de idade máis castigado é o de 30 a 49 anos, segundo explicou Lamas. No pasado ano asináronse uns 20.000 contratos por parte de mulleres na zona, porén o 96% foron eventuais ou en condicións precarias. “Moitas mulleres están condeadas a rotar entre o posto eventual e o desemprego”, explicou a responsable.
A reforma laboral veu a empeorar a situación, denunciou CCOO, como pon de manifiesto, entre outros datos, que máis de 11.000 deses novos contratos foran por tempo parcial. “O cal non foi unha opción libremente elexida, senón a única posibilidade de traballar que se lles deu a moitas”, explicou Mónica Lamas.
As representantes de CCOO reclamaron ao Concello e á Xunta políticas dirixidas a cambiar esta realidade e criticaron as medidas que van xustamente na dirección contraria, como a nova lexislación educativa, a lei do aborto, a reforma laboral ou os recortes en dependencia, entre outras.
“Nós apostamos por un modelo democrático que priorice a igualdade de oportunidades”, rematou Lamas. n

CCOO denuncia o acusado retroceso da situación laboral da muller na zona

Te puede interesar