Cursos de fotografía e interpretación de cine, este mes no Ateneo Ferrolán

|

O Ateneo Ferrolán incrementa no mes de outubro a súa habitual actividade. As conferencias, proxeccións e concertos engádense nesta ocasión un taller de interpretación para cine e un curso de fotografía de nivel iniciación. O primeiro celébrase os días 29 e 30 de setembro e 1 e 2 de outubro. Está impartido polo actor ferrolán Miguel Lago Casal e está destinado a actores e actrices que desexen aprender técnicas de interpretación para cine. Traballarase con cámara e iluminación. O material visualizarase nas clases e será entregado aos alumnos. O prezo é de 65 euros e a inscrición xa está aberta no Ateneo.
Así mesmo, o venres día 3 comeza un curso de iniciación á fotografía que se estenderá os venres  en horario de 19.00 a 21.00 horas ata o 6 de decembro. Iniciarase o 3 de outubro e finalizará o 6 de decembro. As clases teóricas serán complementadas con catro saídas prácticas para fixar os contidos do curso e formular canta dúbida poida xurdir. Será impartido polos fotógrafos profesionais Xoel Rodríguez e Fran Nieto, que teñen unha traxectoria educativa de recoñecido prestixio. O custo do curso será de 110 euros para os socios do Ateneo e de 130 para o resto dos interesados. Para solicitar máis información ou formalizar a matrícula hai un correo electrónico: franieto@gmail.com.  

outras Propostas
A programación do Ateneo increméntase en outubro co ciclo de cine dos martes “novos medos”, e a proxección o xoves 2 de “El tiempo de Plácido Meana”. O sábado 4 haberá un concerto con Miguel Alonso e a súa banda, e 11 estará Silvia Penide. O 18 actuará Tato López & Cía co seu espectáculo “Ritmo de arena”, e o día 25 o cantautor compostelán Xosé Constela ofrecerá un recital e coloquio falando da súa obra. Non faltarán as exposicións, e así poderase ver a mostra colectiva  “12 ollos, 24 miradas”, de novos talentos da fotografía.
O día 1 comeza o mes cunha reunión do grupo filosófico Cirpén, e a partir do martes 7 retómase o clube de lectura que dirixe Ángeles Seoane, mentres que o xoves 9 presentarase en formato radio-teatro a obra “A guerra dos mundos”.

Cursos de fotografía e interpretación de cine, este mes no Ateneo Ferrolán