San Sadurniño anima aos máis novos a comparar o pasado co presente a través da fotografía

San Sadurniño anima aos máis novos a comparar o pasado co presente a través da fotografía
Castillo Naraío san Sadurniño

O Concello de San Sadurniño quere contribuír a celebrar o Día Mundial da Fotografía, o vindeiro 19 de agosto, cunha actividade que leva por título “Pegadas do pasado” coa que anima aos máis novos da casa –nados entre 2002 e 2012, ámbolos dous incluídos– a buscar imaxes antigas de diferentes lugares do municipio e fotografalos no presente.

Desde xeito, a área de Cultura quere pór en valor o seu patrimonio histórico e natural, comparando como eran eses recantos no pasado e como son na actualidade. As dúas imaxes, precisan desde o Concello, deberán imprimirse e pegarse nun cartón-pluma en tamaño A3 para logo entregalas na Casa da Cultura, onde se montará unha exposición que se inaugurará o mesmo día 19. A participación conleva asimesmo a entrada nun sorteo de dúas cámaras reflex. .

Ademais de comparar o pasado co presente, desde o departamento de Cultura buscan que as novas xeracións “descubran o territorio dun xeito distinto e que se conciencien sobre a grande riqueza natural e histórica do municipio en que viven”.

As composicións resultantes –a imaxe antiga na esquerda e a actual, na dereita– teñen que entregarse na Casa da Cultura antes das 14.00 horas do día 14 acompañadas dun sobre cos datos da persoa participante, a data de nacemento, un número de contacto e unha descrición da foto con indicación do lugar en que foi tomada, ademais da data aproximada da foto antiga. Tamén deberán achegar unha autorización materna ou paterna para participar e unha autorización para publicitar as imaxes e, se se dispón do dato, información sobre a autoría da imaxe antiga.

O Concello ofrece axuda técnica ao longo destes días na Casa da Cultura, concertando cita previa no teléfono 616 332 919 ou no correo a agustin.perez@sansadurnino.gal. l

San Sadurniño anima aos máis novos a comparar o pasado co presente a través da fotografía

Te puede interesar