As dificultades económicas abocan á confraría local a plantexar un ERTE

As dificultades económicas abocan á confraría local a plantexar un ERTE
LONXA SUBASTA

A crónica situación económica que vén padecendo a confraría de pescadores de Ferrol desde hai anos, unida ás perdas que está a ocasionar desde a súa mesma posta en marcha o sistema de reinstalación de moluscos nas bateas e á baixada de prezos por mor da crise, levaron ao seu patrón maior, Rubén Ferrer, a valorar a posibilidade de impulsar un plan de choque para tratar de garantir a viabilidade do pósito a medio e longo prazo.
Unha das primeiras medidas afectará ao propio persoal da confraría, ao que se lle aplicará un expediente de regulación temporal de emprego. O portavoz do pósito agarda recibir nos vindeiros días un informe elaborado por unha asesoría no que se  inclúen as liñas mestras de tal regulación. En principio, sinalou Ferrer, tería un carácter rotatorio, o que implicaría que ningún dos sete traballadores afectados –son oito en realidade, mais un non pode entrar por estares subvencionado ao cento por cento pola Consellería do Medio Rural e do Mar– perdería o seu posto de traballo.
“Estamos a día 27 –dixo onte Ferrer–, témolos sen cobrar o mes de abril e váisenos xuntar coa nómina de maio. Non podemos seguir así”, sentenciou.  
O afogamento da confraría como consecuencia da caída brutal dos ingresos é o responsábel da actual situación. Ferrer lembrou que cada mes teñen que aboar a Facenda 4.000 euros e á Autoridade Portuaria arredor de 900 só para ir liquidando a débeda que arrastraban as contas do pósito desde hai alomenos dúas décadas. A estes perto de 5.000 euros hai que engadir o prexuízo xerado polo deficiente funcionamento do sistema de reinstalación, que, segundo manifestou onte Ferrer, “nos ten levado á puta ruína”. Estas perdas ascenden xa a 50.000 euros.

As dificultades económicas abocan á confraría local a plantexar un ERTE

Te puede interesar