Rock, pop e unha festa da escuma na primeira xornada do Odeón Bulevar Festival

Rock, pop e unha festa da escuma na primeira xornada do Odeón Bulevar Festival
A banda ferrolá Nuevo Plan formará parte do cartel da xornada de mañá

A cuarta edición do Odeón Bulevar Festival organizado polo Concello de Narón e unha decena de hostaleiros da Gándara, en colaboración con outros establecementos da zona, comezará esta noite, ás 21.00 horas na rúa Cataluña, co Rockin’Odeón. Previamente, a partir das 17.00 horas, haberá unha gran festa da escuma que tamén incluirá atraccións para os nenos e nenas que desexen participar.
A música desta primeira xornada –este ano é o primeiro ano que ten dous días de duración- inclúe os concertos de Five String Band, un grupo de Ferrolterra que aproveitará a cita para presentar o seu novo disco, o quinto, titulado “Everlasting love”.
Actuarán tamén Vandallica, de Vigo, que homenaxeará a Metallica; e a banda eumesa de blues e rock Debosses, que renderá tributo a Bruce Springsteen, cun repertorio de temas máis recoñecidos do cantante estadounidense.
Mañá
Mañá xoves terá lugar a partir das 21.30 horas o Odeón Bulevar Festival, coas actuacións de La Guardia, Los Limones, a banda de pop-rock Nuevo Plan e o trío Malditos Pendejos. Todas as actuacións serán de balde.
Será unha excelente xornada para repasar a música da década dos 80 da man de catro grupos musicais, con temas pop e rock de recoñecidos artistas.
O escenario das actuacións ubicaranse na rúa Cataluña, que permanecerá pechada ao tráfico rodado.
Os vehículos poderán estacionar, a maiores de nas rúas próximas ao evento, no aparcadoiro soterrado Centro Comercial  Odeón, que permanecerá aberto durante as xornadas de hoxe e mañá pola noite. l

Rock, pop e unha festa da escuma na primeira xornada do Odeón Bulevar Festival

Te puede interesar