Tony Lomba: “É un espectáculo transgresor, no que soltamos veleno pero con moita sutileza”

Tony Lomba: “É un espectáculo transgresor, no que soltamos veleno pero con moita sutileza”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-e0bd7d41

“O espectáculo é unha mestura de revista musical e de obra de teatro sobre un cantante de música lixeira dos anos 70 na zona do Mediterráneo ao que o éxito lle fai perder a cabeza”. Así resume o cantante e showman vigués Tony Lomba “Música ligera”, o espectáculo en castelán que traen mañá ás 20.00 horas ao Teatro Jofre acompañado polo actor Manuel Manquiña.
O dúo rememora a época das suecas e Benidorm, a música de Nino Bravo e outros artistas de entón. “A idea da historia é miña e Manquiña fixo o guión, co toque final dos guionistas de Zopilote. Trátase dun espectáculo para maiores de idade, moi transgresor onde aparecen moitas barbaridades e soltamos moito veleno, iso si, dun xeito moi sutil”. En canto a súa unión artística con Manquiña, Lomba comenta que ambos se coñecen “desde hai tempo e nos tiñamos unha enorme admiración mutua, porque ademais de actor Manquiña tamén tivo varias aventuras musicais, algo importante na trama, porque el fai de mánager meu e trata de reconvertirme ao mundo da música lixeira, pero eu teño unha vea punk e de aí nace o conflito”.
Lomba adianta que lles gustaría saír de Galicia co espectáculo “pero as cousas están difíciles aínda que seguiremos intentando levalo por aí adiante”.

Tony Lomba: “É un espectáculo transgresor, no que soltamos veleno pero con moita sutileza”

Te puede interesar