Ares recupera a súa esencia coa celebración da V Feira Mariñeira ao longo de toda a fin de semana

Ares recupera a súa esencia coa celebración da V Feira Mariñeira ao longo de toda a fin de semana
Feria Marinera en Ares

O paseo marítimo de Ares acolle desde onte a V edición da Feira Mariñeira que organiza o Concello local. As vellas tradicións vencelladas ao mar, as artes mariñeiras e, todo iso, mesturado coa fantasía e a cultura, poderán verse no peirao aresán ata o vindeiro domingo. Os postos, fundamentalmente de artesanía e gastronomía, que tomarán parte nesta iniciativa promovida pola Concellaría de Cultura, están situados ao longo do paseo marítimo, e contan cunha decoración temática que levará aos motivos mariñeiros a ser os protagonistas na vila durante estes tres días de celebracións.
A iniciativa conta tamén con diversos espectáculos en vivo de música ou artesanía que amenizarán as xornadas festivas. Onte, a inauguración contou coa actuación do Grupo de Gaitas Aresán. Xa hoxe será a quenda dou-tra formación local, a Banda de Gaitas de Ares, que iniciará a súa actuación polas rúas a partir das 18.00 da tarde. Finalmente, o domingo 24 a feira quedará pechada coas actuacións do Grupo de Bailes Areas do Mar e a Rondalla Os Trovadores de Ares, ás 19.00 horas e 20.00 horas respectivamente.
Ademais, durante estes tres días os visitantes poderán gozar das distintas demostracións en vivo de traballos de artesanía vencellados ao mar, grazas á colaboración establecida coa asociación cultural O Tilo, que xunto con outros artesáns amosarán as vellas tradicións mariñeiras en Ares durante toda a presente fin de semana. n

 

Ares recupera a súa esencia coa celebración da V Feira Mariñeira ao longo de toda a fin de semana

Te puede interesar